Unha Ofrenta de Ósos

歌手: Sangre De Muerdago • 专辑:Braided Paths • 发布时间:2014-01-31
Os misterios que se agochan nos teus bosques
na beira dos teus regatos
na corteza das túas árbores, no solpor
As historias dos carballos e os raposos
e as túas peles enrugadas
mais rezumas humildade, sen descanso
Estragada, abusada e castigada
polas xentes que acolliches
esgotaron as túas forzas, teu amor
Compañeira de aturuxos afogados
de granito e de madeira
que iluminas os meus pasos coa túa maxia
Miña amiga, esvaneceste entre fumes
xa cavaron a túa tumba
rodeada de eucaliptos e petróleo
Cando morra, eu ofrézoche os meus ósos
que alimenten a túa terra
para que dela broten novos bidueiros
📥 下载LRC歌词 📄 下载TXT歌词

支持卡拉OK同步显示,可用记事本编辑